Instituto Europeo Campus Stellae
Becas de 1.800 euros en Másteres en Violencia Doméstica, Violencia de Género, Maltrato al Mayor, Maltrato al Menor y Acoso Escolar.
www.campus-stellae.com
live@campus-stellae.com
+0034 981522788

 
AGAMME, Mulleres Veciñais de Vigo e o Instituto Europeo Campus Stellae conversan con Casares Long sobre a preocupante presenza da SAP na Universidade

As representantes da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) -Estrela Gomez Viñas-; Mulleres Veciñais de Vigo -Rosa Fontaiña Pazos-; e o Instituto Europeo Campus Stellae -Nuria Pereira Martínez-, mantiveron na xornada de onte, martes 29 de novembro, unha entrevista con Excmo. Sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, D. Juan Casares Long, para expoñeren a súa postura con respecto á presenza da Síndrome de Alienación Parental (SAP) na universidade, a través da Unidade de Psicoloxía Forense, dirixida por Ramón Arce e Francisca Fariña.


Nuria Pereira Martñinez - Directora Instituo Europeo Campus Stellae


Ao longo da entrevista tratouse a problemática que supón a aplicación desta mal chamad
 a síndrome, dado que a SAP non e científica, e o seu precursor, Richard Gardner, hai 40 anos ten xustificado entre outras cousas a pedofilia.

O protocolo de peritación elaborado polo profesor Arce e a su esposa Fariña, somete aos nenos e ás nenas a unhas condicións que distan moito das recomendadas no resto de países. A técnica empregada pola citada Unidade de Psicoloxia Forense é inapropiada e as súas peritaxes infrinxen os dereitos fundamentais recollidos na lexislación vixente a nivel nacional e internacional.

Na reunión fíxose especial fincapé na necesidade de iniciar un debate para a elaboración dun protocolo que regule o funcionamento destas peritaxes. Para isto as representantes de AGAMME, Mulleres Veciñais de Vigo e Instituto Europeo Campus Stellae queren poñer en marcha un estudo científico que permita valorar o maltrato e os abusos sexuais a menores e adolescentes. As tres asociacións agardan que se abra así unha nova liña de actuación para a atención e a peritaxe ante os xulgados dos menores vítimas de maltrato e/ou abusos sexuais, integrada por expertos en pediatría, psiquiatría infantil, dereito penal, psicoloxía clínica, asistentes sociais e educadores.

As tres representantes amosáronse moi satisfeitas con este primeiro encontro co Reitor da USC, D. Juan Casares Long.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Queremos saber lo que opinas. Gracias por colaborar.